Vertixe (filme)
Vertixe | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Vertigo |
Director | Alfred Hitchcock |
Produtor | Alfred Hitchcock |
Guión | Alec Coppel Samuel A. Taylor |
Baseado en | D'entre les morts de Boileau-Narcejac |
Intérpretes | James Stewart Kim Novak Barbara Bel Geddes Tom Helmore Henry Jones |
Música | Bernard Herrmann |
Fotografía | Robert Burks |
Montaxe | George Tomasini |
Estudio | Paramount Pictures (Orixinal) Universal Pictures (Actual) |
Estrea | 9 de maio de 1958 |
Duración | 128 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Suspense |
Orzamento | $2 479 000 |
Recadación | $14 000 000[1] |
Na rede | |
http://www.universalstudiosentertainment.com/vertigo/ | |
Vertixe (en inglés: Vertigo) é un filme estadounidense dirixido e producido por Alfred Hitchcock que se estreou en 1958. Baséase na novela de 1954 D'entre les morts, escrita por Boileau-Narcejac. O guión é obra de Alec Coppel e Samuel A. Taylor. Está protagonizado por James Stewart como o detective John "Scottie" Ferguson, que foi retirado forzosamente debido á súa vertixe clínica. Scottie é contratado como invesatigador privado para seguir a unha muller, Madeleine Elster (Kim Novak) que se comporta dun xeito peculiar.
O filme foi rodado en San Francisco, California, e nos Paramount Studios de Hollywood. Popularizou o travelling compensado, un efecto da cámara que distorsiona a perspectiva para crear desorientación, para simular a acrofobia de Scottie. Como resultado do seu uso no filme, o efecto é referido a miúdo como "o efectoVertigo".
Vertixe recibiu críticas dispares na súa estrea, pero hoxe é considerado unha das obras clásicas da filmografía de Hitchcock e un dos traballos definitorios da súa carreira. No ano 2012, substituíu a Cidadán Kane (1941) como o mellor filme xamais feito na clasificación do Instituto Británico de Cine.[2] En 1996, o filme pasou por unha gran restauración para crear unha versión de 70mm e sistema de son DTS. Apareceu en numerosas ocasións entre os mellores filmes segundo o American Film Institute.[3]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Scottie Fergusson (James Stewart) é un detective da policía de San Francisco que padece de vertixe. Cando un compañeiro cae ó baleiro dende unha cornixa mentres perseguen a un delincuente, Scottie decide retirarse. Gavin Elster (Tom Helmore), un vello amigo do colexio, contrátao para que vixíe á súa esposa Madeleine (Kim Novak), unha fermosa muller que está obsesionada co seu pasado.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- James Stewart como John "Scottie" Ferguson
- Kim Novak como Judy Barton/posing as Madeleine Elster
- Barbara Bel Geddes como Midge Wood
- Tom Helmore como Gavin Elster
- Henry Jones como Coronel
- Ellen Corby como Propietaria do hotel
- Konstantin Shayne como Pop Leibel
- Raymond Bailey como Doutor de Scottie
- Lee Patrick a condutora confundida con Madeleine (Judy)
- Margaret Brayton como vendedora de Ransohoff
- Fred Graham como Compañeiro policía de Scottie
- Alfred Hitchcock fai un cameo camiñando na rúa e carregando un maletín de trompeta
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 1958: 2 nomeamentos ó Oscar: Mellor dirección artística e son.
- 1958: Festival de Cine de San Sebastián: Mellor director e actor.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Canning 2010, p. 400
- ↑ BBC News, ed. (2 de agosto de 2012). "Vertigo is named 'greatest film of all time'". Consultado o 18 de agosto de 2012.
- ↑ American Film Institute (ed.). "AFI's 10 Top 10". Consultado o 21 de febreiro de 2012.